Tenda agraria

Que atoparás na nosa agrotenda de Teixeiro?

Na nosa tenda agraria traballamos para estar preto de ti e ofrecerche todo o que precisas para o día a día da túa explotación.

Apostamos por produtos de calidade, atención personalizada e asesoramento profesional para axudarche a elixir sempre a mellor opción segundo as necesidades da túa granxa.

Queremos que a nosa tenda sexa un punto de confianza ao que poidas acudir cando precises algo de maneira rápida e segura. Cada día seguimos traballando para ser unha tenda agraria próxima, útil e adaptada ás necesidades reais das explotacións gandeiras da comarca.

Patacas da semente COSIDEL e patacas para consumo
Alimentación e nutrición animal
Abonos, fitosanitarios e praguicidas
Material agrícola e gandeiro
Pranta hortícola e ornamental
Material veterinario e zootécnico
Produtos para o fogar e a horta
Roupa, calzado e accesorios de traballo
Xoguetes