Depositos

A nosa historia

En CUSOVIAME SCG levamos desde 1977 traballando xuntos para dar forza ao sector vacún da nosa comarca. Hoxe somos máis de 500 persoas socias distribuídas por 11 concellos das provincias da Coruña e Lugo: Curtis, Sobrado, Vilasantar, Aranga, Mesía, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne e Toques.

Somos unha cooperativa que medra grazas ao compromiso e ao traballo diario de todas as persoas que formamos parte deste proxecto.

Contamos cunha fábrica de pensos propia, certificada con GLOBALG.A.P., dous almacéns e unha tenda agraria onde poñemos á túa disposición produtos, ferramentas e subministracións pensadas para facilitarche o día a día na túa explotación. 

Para estar preto de ti, dispoñemos de tres puntos de atención no territorio: Santaia, Cambás e Teixeiro. Desde estas delegacións acompañámoste con servizos agrónomos, veterinarios, de reprodución, maquinaria, substitución e asesoramento técnico, sempre coa vontade de mellorar a produtividade, o benestar animal e a sustentabilidade das túas explotacións.

Colaboradores

Traballa con nós

En CUSOVIAME SCG somos máis de 500 persoas unidas por un mesmo obxectivo: facer medrar o rural galego a través da colaboración, a calidade e o compromiso.

Somos unha cooperativa en constante evolución, onde o traballo en equipo, a confianza mutua e a paixón polo que facemos son fundamentais.

Ofrecémosche formación, estabilidade e a oportunidade de crecer dentro dun proxecto colectivo con futuro no sector agrogandeiro.

Se compartes os nosos valores e queres formar parte dunha familia cooperativa que aposta polo rural, en Cusoviame estamos a buscarte a ti.

De acuerdo a lo establecido en la legislación vigente en materia de Protección de Datos de Carácter Personal, Reglamento 2016/679 General de Protección de Datos (RGPD) y la Ley Orgánica 3/2018 de 5 de diciembre, de protección de datos de carácter personal y garantía de los derechos digitales (LOPDGDD), se le informa que los datos personales que nos facilite a través de dicho formulario serán tratados por CUSOVIAME, con la finalidad de gestionar su solicitud y enviarle información más detallada. Para más información consultar la política de privacidad.